Praia de Covasx YeeK4y5Cc RB Ff F m BACB Qq7 pZ4HTd g z tO r WOH
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
| Praia de Covas | |
|---|---|
Vista da praia de Covas. | |
| Características xerais | |
| Lonxitude | 1650 m |
| Largo medio | 70 m |
| Grao de ocupación | Alto |
| Grao de urbanización | Praia semiurbana |
| Paseo marítimo | |
| Características específicas | |
| Composición | Area |
| Tipo de area | Fina e branca |
| Condicións do baño | Ondada moderada |
| Aspectos medioambientais | |
| Presenza de vexetación | Si |
| Seguridade | |
| Equipo de vixilancia | Si |
| Sinalización do perigo | Si |
| Policía local | Si |
| Equipo de salvamento | Si |
| Accesibilidade | |
| Accesible a discapacitados | |
| Tipo de acceso | Fácil a pé |
| Sinalización do acceso | |
A praia de Covas, é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para minusválidos.
Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas coma Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da fragata Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas.[1] Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón, xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Museo Naval de Ferrol - Armada Española". armada.mde.es. Consultado o 15 de febreiro de 2011.